publicidade hoxe

Convócase aos alcaldes da área de Vigo para avanzar a implantación do plan de transporte metropolitano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaCangasGondomarLocal PortadaMoañaMosNigránO PorriñoPontevedraRedondelaSalceda de CaselasVigo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, enviou hoxe aos alcaldes de Vigo, Cangas, Moaña, Redondela, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Gondomar, Baiona e Nigrán a convocatoria para unha reunión coa que a Xunta de Galicia pretende retomar a implantación do Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo.

A reunión terá lugar o vindeiro mércores, día 5 de febreiro, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo. Tal e como sinala no escrito a directora xeral de Mobilidade, Camino Triguero, o Goberno autonómico considera necesario avanzar cara a implantación deste programa, tendo en conta que nos últimos días producíronse novidades que afectan á mobilidade dos cidadáns da área e que suscitan a preocupación tanto dos propios veciños como dos concellos.

A convocatoria destaca que a implantación do Plan de Transporte Metropolitano, que nestes momentos estase a aplicar nas áreas da Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo, é un obxectivo estratéxico da Xunta, se ben recoñece que a pesares dos contactos realizados ata o de agora foi imposible acadar o necesario consenso para iniciar a implantación do Plan na área de Vigo.

30 de xaneiro de 2014 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.