Silleda antícipase ás badaladas de fin de ano con unha festa infantil e outra para os maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Un ano máis Silleda volve anticiparse á Noitevella con celebracións que chegan na xornada do luns día 30. A primeira das citas será na Casa da Xuventude, a partir das 17.00 horas coa Festa Infantil de Fin de Ano, na que os máis novos/as serán protagonistas dunha animada sesión con cotillón incluído.

E a partir das 21.00 horas o preludio de Noitevella chega ata o Centro Social dos Maiores, onde os asistentes realizarán o xa tradicional ensaio de fin de ano, coas badaladas e as uvas por anticipado. A día de hoxe hai xa 100 persoas anotadas nesta cita, organizada pola Concellería de Participación Cidadá. Comezará ás 21.00 horas con pinchos, cotillón de fin de ano e a tradicional toma das 12 uvas. O prezo por persoa para asistir a esta festa é de 5 euros. Logo haberá sesión baile amenizada polo Dúo Punto Zero.

27 de decembro de 2013 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.