publicidade hoxe

O Concello de Xove dona maquinaria ao IES Illa de Sarón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O IES Illa de Sarón de Xove conta,  dende este curso 2013-2014, cun Ciclo formativo de Grado superior de “Programación da producción en moldeo de metais e polímeros”, que é o primeiro deste tipo que se implanta en España.

Pois ben, o noso Concello, que tamén colaborou e apoiou dende un principio a implantación deste ciclo no noso Concello, ven de realizar unha importante donación ao IES Illa de Sarón, concretamente dúas máquinas que veñen a completar a Aula Taller onde os alumnos/as do Ciclo realizan as prácticas.  Unha serra eléctrica con carro de ferramentas anexo e un taladro de columna son as dúas máquinas que o Concello aportou, e que foron postas en marcha hoxe, nun acto que contou coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira Dolores Meitín por parte do Concello, e pola Directora Oliva Cabaleiro e o Secretario José María Orol por parte do IES Illa de Sarón.

Esta donación supuxo un investimento de 3.500 €uros por parte do Concello, e, como dixo o alcalde, espérase que supoña unha mellora sustancial da Aula Taller e unha importante contribución á formación  práctica dos alumnos/as do ciclo.

O título de Técnico Superior en Programación da producción en moldeo de metais e polímeros ofértase por primeira vez en Galicia no IES Illa de Sarón. A duración deste ciclo formativo de grao superior é de 2.000 horas e leva asociado 384 horas de formación práctica en empresa, correspondentes ao módulo de formación en centro de traballo (FCT). Este título inclúe catro calificacións profesionais completas e unha incompleta, o que proporciona unha alta formación e cualificación profesional de nivel 3.

Lóxicamente, na implantación deste ciclo tivo moito que ver a Consellería de Educación. O Conselleiro de Industria visitou hai uns meses as instalacións do IES coincidindo coa posta en marcha da Aula Taller deste ciclo, aula na que se instalaron unha serie de máquinas onde os alumnos realizan todo tipo de prácticas.  Este ciclo conta  tamén coa colaboración de Alcoa, que permite ao alumnado realizar parte da formación práctica de algúns módulos na empresa.

13 de decembro de 2013 | 10:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.