Mace e Natural Sport Ribeira empatan no terceiro posto de júnior feminino no estatal de clubs

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRiveira
A-
A+

Na terceira e última xornada do Campionato de España de Clubs, disputada en Marina D´Or, máis éxitos para o taekwondo galego. Na categoría júnior as e os deportistas galegos lograron once medallas (3 ouros, 2 pratas e 6 bronces, a falta dos datos oficiais) e o Natural Sport Videlgi de Ribeira e o Mace Sport quedaron empatados na terceira posición do podio júnior feminino.

Son resultados provisionais, polo que poder faltar algunha medalla galega (pedimos disculpas por anticipado).

Na categoría feminina houbo seis medallas galegas (2 ouros e catro bronces). Ainara Brión (Natural Sport) logrou o título en -55 quilogramos, mentres que María Domínguez (Mace Sport) foi a mellor en -59 quilogramos. Ademais, hai que destacar os bronces de Sheila Fernández (Escola Lucense de Taekwondo) en -52; Sara García (Dobok Galicia) en -59; Laura Dosil (Natural Sport) en -59 e Sara Cortegoso (-46, Mace Sport). Estas medallas levaron ao Mace e o Natural Sport Ribeira ao terceiro posto do podio júnior feminino (empatados cos mesmos puntos).

En chicos o ouro foi para Xián Silva (Mace Sport) en -73, que segue amosando o seu altísimo nivel que o levou a conseguir a prata no Europeo júnior hai só uns meses. As dúas pratas foron para Adrián Jiménez (Natural Sport) en -55 e Agustín Carou (Maniotas) no pesado. E por último, sinalar os bronces de David Ansede (Moo Duk Kwan) e Adrián Núñez (Patiño), ambos en -63 quilogramos.

22 de decembro de 2013 | 23:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.