publicidade hoxe

Gran espectáculo no campionato galego de combate en Sada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaSada
A-
A+
Unha das probas. Foto: J. Cid

Unha das probas. Foto: J. Cid

Os cen deportistas que participaron no Campionato Galego Absoluto de Combate, celebrado hoxe domingo 8 de decembro en Sada, ofreceron un magnífico espectáculo ao público que acudiu ao evento. Este torneo é especialmente importante, por ser clasificatorio para o Campionato de España.

Houbo interesantes enfrontamentos, algúns deles esperados como o choque no peso lixeiro feminino entre Katia Calvar e Lara Ouviña, no que se proclamou campioa galega a deportista do Mat´s. Tamén podemos destacar en lixeiro masculino o triunfo de Raul Bouzas fronte ao novo Xián Silva, que hai só uns meses logrou a medalla de prata no Europeo júnior; ou a vitoria de Borja Ríos contra Miguel Cortegoso no peso mosca, noutro combate esperado e repetido nos últimos anos.

En total no Campionato Galego Absoluto competiron 25 clubs galegos, 103 deportistas, uns 30 árbitros e outros tantos adestradores. Ademais hai que destacar que a porcentaxe de participación na categoría feminina foi moi similar á masculina (49 mulleres e 54 homes).

8 de decembro de 2013 | 22:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.