Silleda Solidaria reactiva a campaña de recollida de alimentos nos supermercados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Benestar e Igualdade, que dirixe Dolores García, reactivará a partir da vindeira semana a recollida de alimentos nos supermercados de Silleda e A Bandeira.

Os produtos, que pasarán ao Banco de Alimentos do programa municipal,  deben ser non percededoiros (legumes, aceite, azucre, conservas…)  O Banco de Alimentos conta a día de hoxe con poucos índices de provisións, polo que dende Silleda Solidaria se apela á colabroación cidadá con esta campaña, tamén de cara ás vindeiras datas de Nadal.  Dende o Banco de Alimentos estase a atender a preto de 50 familias do municipio silledense con escasos recursos.

Dolores García agradece a colaboración dos establecementos que colaboran  co Banco de Alimentos, así como os numerosos xestos solidarios de veciños, veciñas e tamén empresas, asociacións e outras entidades “que están a facer máis levadeiro o día a día das familias que o precisan nestes tempos difíciles”, engade.

18 de novembro de 2013 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.