O Mecalia Atl. Guardés enfróntase ao B.M. Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportesO Porriño
A-
A+

Partido de alta voltaxe, onde ademais dos dous puntos que permitan ao Guardés manter a segunda praza da clasificación, e consolidarse na zona nobre da liga, está a rivalidade rexional, que sempre é un ingrediente engadido.

Ocasión para que a afección goce dun partido que de seguro vai ser disputado co máximo de intensidade por parte de ambos os dous equipos.
O Mecalia intentará, antes do parón, completar un mes para enmarcalos, gañando os catro compromisos ligueiros, de máxima esixencia, e a pesar de xogar tamén os dous encontros de Recopa Europea, coa correspondente viaxe a Moscú e esta mesma semana, o desprazamento a Barakaldo.

Xuvenil Feminina.
Sábado 23 ás 1700 en Porriño

B.M. PORRIÑO – ATL. GARDES

Cadete Feminina. –
Sábado 23 ás 1030 en Narón.

B.M. NARON – ATL. GARDES

Infantil Feminina
Sábado 23 ás 1015 en Tui

B.M. TUI – ATL GARDES

22 de novembro de 2013 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.