O Guardés lévase o derby ante o Porriño
Uns 20 primeiros minutos nefastos, onde as locais recibiron un parcial de 0-7, parecían encarrilar o partido a favor do Porriño, pero as guardesas non ocupan a segunda posición da táboa por casualidade, e a falta de dez minutos para o descanso, cunha desvantaxe de sete goles, co apoio incondicional do seu público, o Guardés sacou a relucir o seu carácter loitador e pouco a pouco, as porriñesas vían como a renda se ía esfumando, chegando ao descanso cun 15-17 que prometía unha segunda metade de infarto.
Tras o descanso, as que estaban nerviosas eran as visitantes e xa aos cinco minutos da reanudación o Mecalia lograba o empate, para pouco a pouco ir poñéndose por diante no marcador aínda que sen lograr abrir brecha importante, se sucedían os empates e a superioridade guardesa, tanto así que ao minuto 25 o marcador era de 25-25, pero nos minutos finais foi o equipo local o que tivo máis oficio e rematou gañado por catro tantos.
Victoria moi sufrida, co equipo moi cansado tras o intenso mes de novembro e coas irmás Dapena tocadas.
Dous puntazos que colocan o Mecalia en posición inmellorable, coa participación na Copa práctiocamente asegurada e gozando no parón da segunda praza da clasificación.
Ficha do encontro
Pavillón da Sangriña, cheo a rebordar.
Polo Guardés.-Cristina Mestre, Ana Cerqueira (5), Vanesa Amorós (3), Ronsel Doiro (12), Alesia Kurchankova (5), Andrea Dapena (4) e Alba Dapena (2), Crsitina Barrios, Barbara Cerqueira, Carla Abad, Irene Sanchez, Amit Izak, Laura Morais
Polo Porriño.- Isa Basteiro, Cecilia Cacheda (2), Sandra Costas (3), Alici Fernandez (14), Anne Gonzalez, Maialen Mugica (5), Lorena Perez (1), carla Rivas, sarai Sanmartín, Iris Sanjuán, Orsolya Simon (1), Nekane Teres (1), Cristina Martinez, Sheila Campos.
Árbitros
Sebastián Fernandez Molina e Alberto Murillo Castro do C. Andaluz
Exlusiones polo Guardés.- Cristina Barrios (3), Barbara Cerqueira
Polo Porriño.- Sandra Costas (2), Maialen Mugica, Orsolya Simon e Nekane Teres
Marcador cada 5 minutos
2/2, 5/6, 6/8, 7/13, 11/16, 15/17 Descanso 17/17, 19/19, 21/21, 24/22, 25/25, 31/27 Final











