O artista internacional Dkuba actuará no Closing Tour 2013, na Feira Internacional de Galicia

Dkuba
O compositor e cantante Dkuba será o artista invitado ao Closing Tour 2013, uníndose deste xeito o día 7 de decembro ás orquestras Panorama, París de Noia e Charleston Big Band, as cales conforman o cartel desta edición tras ser escollidas por votación popular.
Este artista de orixe cubano, creador do portal internacional de compositores e editores www.myhitplace.com e dono do seu propio selo discográfico, acaba de gravar o seu quinto disco, no cal se inclúen cancións como “We´re gonna fly”, coa cal conseguiu situarse nos primeiros postos das principais radios de Venezuela e Bolivia e acomodarse nos primeiros 20 postos nas listas de música tropical de EE.UU.
Neste novo disco conta na canción Quién Será coa colaboración do tamén cubano Francisco Céspedes e do portorriqueño Ángel López, antigo vocalista da desaparecida agrupación Son by For.
No Closing Tour 2013 este cantante interpretará con algunha das orquestras participantes algúns dos seus temas máis coñecidos, como o exitoso “Esto es Pa´ ti”, e tamén outros incluídos no seu último traballo, como “A lo loco”.
A participación de Dkuba é unha das novidades desta edición do festival, na cal se apostou por engadir a actuación dun coñecido artista para incrementar o atractivo do espectáculo. A ela súmanse outras como a entrega dun obsequio aos 200 primeiros asistentes ou o sorteo de entradas entre os seguidores do Facebook do evento.
Entradas anticipadas e en taquilla
Para desfrutar deste cartel musical poderanse adquirir as entradas o mesmo día do festival en taquilla cun prezo de 7€. E tamén de forma anticipada por 4,5€ nas oficinas da Feira Internacional de Galicia en horario de traballo ou na web Servinova (taquilla.servinova.com). Os nenos menores de 12 anos poderán entrar de forma gratuíta (acompañados dun adulto), sendo libre o acceso ao aparcadoiro do recinto.











