publicidade hoxe

Clausúrase na Cañiza o curso de activación laboral que se impartiu a través do CEDIM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Coincidindo co Día Internacional  da Violencia de Xénero, a Secretaria Xeral de  Igualdade achegouse ata A Cañiza para acompañar ao Alcalde, Miguel Dominguez, na entrega de diplomas acreditativos ás 20 mulleres que participaron neste curso de  40 horas de duración que se desenvolveu dende o 14 ata o 25 de novembro.

De cara a mellorar as posibilidades de atopar un emprego, o CEDIM ofreceu unha formación totalmente gratuita e práctica dirixida a 20 mulleres desempregadas da Vila.

Esta oferta formativa desenvolveuse en 8 sesións de 5 horas cada unha. Do 14 ao 19 de novembro  impartiuse o módulo sobre mellora das habilidades sociais e comunicativas e do 20 ao 25 o módulo de detección de oportunidades de emprego. Este último módulo celebrouse nun aula móvil situado na Praza Maior da Vila.

O Alcalde agradeceu á Directora Xeral as axudas e colaboración recibidas da Xunta de Galicia no eido da formación e aproveitou a oportunidade para informar ás participantes no curso de todas as actuacións desenvolvidas neste ano polo Concello para activar o emprego.

– Solo nesta anualidade contratáronse 57 traballadores con axudas da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.
– Tamén neste ano se conseguiu que a Fundación San Rosendo asinara un convenio co Concello para a construcción dunha residencia asistencial para maiores que a pleno rendemento creará 50 postos de traballo directos.
– Ademáis o Concello iniciou este ano a modificación puntual do Plan Parcial na Antiga Feira do Gando para posibilitar que pequenas empresas e autónomos poidan poñer en marcha novas iniciativas empresariais neste emprazamento a baixo coste.
–  Asemade o Concello contou coa colaboración da Xunta e da Deputación Provincial para impartir numerosos cursos de formación entre o persoal desempregado para mellorar as súas posibilidades de emprego.

Que é o Proxecto CEDIM?

O CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres) é un proxecto transfronteirizo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal 2007-2013, que ten entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida, potenciar a autonomía e o empoderamento das mulleres raianas e a súa participación no desenvolvemento económico do territorio.

Son entidades responsables do proxecto: a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, a Comissâo para a Cidadania e a Igualdade de Género, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Forman parte do territorio CEDIM, os concellos galegos de Tui, A Cañiza e Monterrei e a localidade portuguesa de Vila Verde.

26 de novembro de 2013 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.