Celso Emilio Ferreiro protagoniza o clube de lectura da biblioteca municipal de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O clube de lectura da Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda volveu reunirse coa obra biográfica de Celso Emilio Ferreiro, escrita por Ramón Nicolás Rodríguez, como protagonista.  ‘Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro’ é unha densa biografía do autor celanovés, un percorrido vital pola traxectoria dun dos referentes da nosa literatura, que se publicou o ano pasado, no centenario do seu nacemento.

A obra acadou o Premio de ensaio da  Asociación de Escritores en Lingua Galega, no ano 2012; e o premio Losada Diéguez (investigación e ensaio), en 2013. Ao acto, ademais do  autor, Ramón Nicolás, acudiutamén Luis Ferreiro, fillo de Celso Emilio e presidente da fundación que leva o seu nome.

26 de novembro de 2013 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.