publicidade hoxe

Arquívase o expediente de modificación da Relación de Postos de Traballo de Sada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSada
A-
A+
E.P.

A Xunta de Galicia arquivou o expediente sobre a modificación da Relación de Postos de Traballo no Concello de Sada (A Coruña), segundo informa o goberno local.

Nun comunicado, afirma que a Administración autonómica non encontrou “motivo” para adoptar decisión ningunha en relación co acordo plenario” polo que a Casa do concello modificou a Relación de Postos de Traballo e transformou en eventual a praza de coordinador.

Desta forma, arquívase o expediente aberto tras o recurso presentado por un funcionario municipal contra aquel acordo, adoptado o pasado 26 de setembro.

A resolución, asinada pola subdirectora xeral de Réxime Xurídico Local, Ana Otero Ferreiro, “únese ao aval que a Deputación, a través dos seus servizos xurídicos, concedeu xa a esta decisión do pleno”, engade o Concello.

28 de novembro de 2013 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.