A Mini Transat 2013 saíu de Sada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSada
A-
A+

Cun mes de atraso e despois de anular a primeira etapa da Mini Transsat, Douarnenez-Lanzarote, por fin o pasado mércores 13 de Novembro deuse a saída ás 09 h 45 dende a Ria de Sada.

Nunha mañá cuns raios de sol entre as nubes que aparecían e uns ventos por primeira vez portantes de compoñente Norte e frouxos na Ría, entre 10 e 15 nós, a saída dos 76 participantes dos 84 iniciais inscritos foi todo un espectáculo, despois de pasar a frota por diante da torre de Hércules para enfilar cara ás Sisargas o vento de compoñente Norte e o mar comezaron a aumentar, todos os barcos izaron os seus spis e as puntas de velocidade entre os máis rapidos chegaron a alcanzar os 22 nós, a mayoria roldaban os 17 nós.

O Presidente da ederacion Galega de Vela Manuel Villaverde, acompañado polo directivo de Relacións Internacionais Pipo Vilar, estiveron presentes na presentación ofrecida polo Concello de Sada o pasado domingo ás 18 h 00.

Os representantes da F.G.V estiveron nos peiraos para ver a todos os participantes e desexar os 4 españois sorte para as 3.600 millas que lles restan nunha soa etapa de Sada a Pointe a Pitre (Guadalupe), esta converterase na etapa máis larga da historia nunha MIni Transat.

Para facer un seguimento da saída, o Club Náutico de Sada, en nome do seu presidente Andrés Conde Medín puxo dispocsición da F.G. de Vela e da organización da Mini Transat unha embarcación a motor. O presidente do Comité de Regatas da Mini, Bertrand Naudin quixo dirixir a saída dende a embarcación ofrecida polo Club Náutico de Sada.

Bertrand sentiuse moi satisfeito do buén trato recibido en Galicia por todas as institucións e especialmente en Sada polo Club Náutico; a Mariña de Sada, a Federación Galega de Vela e especialmente polo Concello e expresou dar as grazas a todas as persoas que colaboraron nesta edición.

15 de novembro de 2013 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.