O Club Náutico de Riveira acollerá a regata de outono o 12 de outubro
A REGATA OUTONO celebrarase en augas da Ría de Arousa o día 12 de outubro de 2013 organizado polo Club Náutico de Riveira, Concello de Riveira, a Federación Galega de Vela, a Secretaría Xeral do Deporte, a Fundación Deporte Galego.
REGRAS
A regata rexerase por:
– As regras de regata tal e como se definen no Regulamento de Regata a Vela da ISAF 2013 -2016 (RRV);
– O Regulamento Técnico de Cruceiros 2013 e os seus anexos;
– O Regulamento de Medición ORC en vigor;
– As Regras ORC de Habitabilidade e Equipo en vigor.
En caso de discrepancia entre o presente Anuncio de Regata e as Instrucións de Regata, prevalecerán estas últimas.
CLASE QUE PARTICIPA
Poderán participar nesta regata os barcos con Certificado de Medición e Habitabilidade ORC para 2013.











