Mr. Cool actuará no IV Magosto Concerto de Adellís en Silleda
A chegada do outono convida a todos a disfrutar un ano máis de boa música e dos sabores dos froitos desta época. As castañas, os figos, o marmelo, as uvas, as cabazas, as setas,… son algúns dos ingredientes cos que vos sorprenderedes nesta cita. Experimentar na cociña, buscar receitas de cousiñas para picar e sobremesas, que de seguro moit@s estarán ese día dispostos a degustar. Tamén se poderá levar instrumentos para acompañar as ganas de festa.O bar Recanto será o escenario, o vindeiro venres 8 de novembro, do IV Magosto Concerto da asociación silledense Adellís coa actuación de Mr. Cool. A cita dará comezo ás 21.00 h. Ademais contarase coa exposición fotográfica “Festa” de Luis Blanco sobre os XII Encontros de Música Tradicional de Carboeiro.











