As comarcas da Coruña e Betanzos recibirán axudas para mellorar os camiños rurais
A Consellería do Medio Rural e do Mar, achegará 4,53 millóns de euros aos concellos da Coruña para promover obras de mellora de dotacións rurais. Deste importe, 919.356 euros serán para as comarcas da Coruña e Betanzos.
As axudas realizadas mediante o Plan de Mellora de Camiños que promove a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), teñen como obxectivo fundamental impulsar a modernización e reforma das vías interiores que serven para a comunicación das zonas rurais dos distintos concellos.
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, salientou que na distribución dos orzamentos tivéronse en conta distintos criterios consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), como o número de habitantes, a superficie do municipio, o coeficiente de agrariedade, o despoboamento ou o envellecemento da poboación.
As actuacións que se levarán a cabo con este programa redundarán na mellora da seguridade viaria dos usuarios e facilitarán unha forma de transporte máis cómoda. A importancia do plan que servirá para manter en bo estado de conservación os camiños e pistas rurais, que en moitos casos son o único acceso posible para numerosos núcleos de poboación.
Con estas partidas, serán os propios entes locais os que poderán executar as obras que consideren oportunas, axustándose ao montante das respectivas subvencións, que serán dispostas en dúas achegas: ao longo deste ano e do 2014.
Por concellos, as achegas serán as seguintes:
CONCELLOS
|
|
ABEGONDO |
55.696 €
|
ARANGA |
51.820 €
|
ARTEIXO |
44.581 €
|
BERGONDO |
36.486 €
|
BETANZOS |
33.658 €
|
CAMBRE |
39.961 €
|
CARRAL |
40.446 €
|
COIRÓS |
23.895 €
|
A CORUÑA |
34.062 €
|
CULLEREDO |
39.014 €
|
CURTIS |
62.472 €
|
IRIXOA |
40.441 €
|
MIÑO |
34.789 €
|
OLEIROS |
36.890 €
|
OZA – CESURAS |
139.556 €
|
PADERNE |
35.131 €
|
SADA |
35.840 €
|
SOBRADO DOS MONXES |
54.016 €
|
VILARMAIOR |
33.927 €
|
VILASANTAR |
46.675 €
|
TOTAL
|
919.356 €
|