O Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira inaugura as novas instalacións
Esta Casa da Cultura é berce de Asociacións importantes como Xirandola, a Banda de Música de Bandeira, grupos folclóricos, a Asociación de Amigos da Empanada ou a Asociación do Entroido da Bandeira.
Estes novos espazos que se inauguraron, ampliáronse as salas para actividades, creouse unha superficie para exposicións etnográficas e ampliouse a biblioteca. Tamén se incorporou un ascensor porque, segundo destacou Antonio Crespo, “ao igual que hoxe non se entende a vida sen cultura e servizos multimedia, tampouco se entende que as persoas con problemas de mobilidade non teñan as facilidades para achegarse aos edificios”.
O proxecto foi financiado pola Consellería do Medio Rural e do Mar que destinou 135.000 euros ás obras, este importe está cofinanciado nun 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, e é xestionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
A esta inauguración asistiu o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña e a presidenta da Asociación Cultural Vista Alegre, Dolores Sangiao.











