As piscinas silledenses permanecerán abertas ao público durante a primeira semana de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSilleda
A-
A+

As instalacións das piscinas municipais de Silleda e A Bandeira continuarán abertas ao público ata o vindeiro domingo día 8 de setembro. Deste xeito, e aproveitando tamén as xornadas de calor nos primeiros días deste mes, seguirá a ofrecerse aos veciños/as e usuarios este servizo, do que veñen disfrutando milleiros de persoas ao longo do verán. Dende o departamento municipal de Deportes, que dirixe Klaus Brey, destácase que as piscinas son un servizo moi demandado durante a época estival, polo que se optou por continuar coa apertura das mesmas durante unha semana, pese a que outros Concellos da comarca do Deza xa pecharon as súas instalacións ao público.

3 de setembro de 2013 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.