A xuventude de Parada organiza unha andaina pola Ruta da Auga
A mocidade de Parada convocan a unha camiñata pola Ruta da Auga de Parada para a tarde do domingo 15 de setembro.
Saírase ás 16:30 da Casa da Escola para recorrer a totalidade da ruta, 6’7 kms., e volver ao lugar de partida.
Ao remate está prevista unha merenda e un pouco de foliada.
Tamén aproveitarán para poñer á venda camisetas, viseras e vasos co logotipo da Ruta da Auga.











