34 embarcacións participaron na regata máis antiga de Galicia, a XX regata A2 e solitarios club Náutico de Sada

Participantes na regata
Este sábado 21 celebrouse en augas da ría de Ares Betanzos, a XX Regata de A2 e solitarios, a máis antiga de Galicia nesta modalidade. Acudiron a esta cita un total de 34 barcos a maior frota concentrada en todas as regatas deste ano no norte da comunidade. Distinguíanse dúas clases ORC 0-2 con 14 embarcacións e ORC 3-4 con 21 barcos.
O vento fíxose esperar e a saída programada para as 15:30 aprazouse ata as 17:00 onde un vento do 320º xurdiu no campo de regatas e se puido dar a saída en dúas quendas, cunha lixeira brisa que foi rolado ao leste e subindo a intensidade ata alcanzar máis de 20 nós en diferentes tramos do percorrido, que consistía en ir á baliza do porto exterior de Ferrol e volta a Sada para os ORC 3-4 e unha volta máis para a categoría ORC 0-2.
O role do vento eliminou a táctica e as manobras na regata xa que os rumbos eran directos ás boias, polo que a frota se estirou como serpeante por toda a ría, as chegadas fóronse producindo de xeito graduada e con escasa diferenza de tempos entre os barcos da mesma clase, o que nos indica o alto nivel que ofreceron embarcacións e tripulacións.
Con certo atraso acumulado polo aprazamento da saída púidose celebrar o acto de entrega de trofeos nos salóns do Náutico de Sada, o Comodoro acompañado por Almudena Pena, concelleira de Cultura ,Juventud e Ocio do Concello de Sada, entregaron os trofeos aos tres mellores clasificados de cada categoría e aproveitaron para agradecer a Mariña Sada e resto de patrocinadores, a colaboración nesta XX edición da regata.
As clasificacións na categoría ORC-0-2 foron as seguintes; 1º GDIEZ de Jose Naya, 2 ºATLANTE UN de Gonzalo Vázquez e 3ª FAZULA de Fran Edreira. Na categoría ORC 3-4 o primeiro posto foi para RAYGRASS de Tom Nuñez, o 2º para CHARLIE B de Claudia Varela e o 3º FILISPIN de Manuel Lago.











