Prata e bronce para Santi Malvar e Alex Vidal no europeo de Parataekwondo
Unha prata e un bronce. Eso foi o botín acadado polos dous representantes galegos na segunda edición do Europeo de Parataekwondo, que se celebrou en Bucarets. Santi Malvar (Mace Sport) logrou a medalla de prata en -80 quilogramos, mentres que Alex Vidal (Natural Sport Riveira) logrou a medalla de bronce en -58.
Alex, que xa lograra o título de campión de Europa, atopouse cun problema antes de competir xa que por falta de deportistas tivo que competir nun peso diferente ao seu e caeu nas semifinais fronte ao representante de Azerbaian por (2-0). Así, acadou a medalla de bronce.
Pola súa banda, Santi Malvar (-80) foi prata tras cair na final fronte ao representante de Rusia, Makhdi Amarov.
Este campionato de Europa de Parataekwondo celebrouse en Bucarest coincidindo co campionato de Europa cadete, no que tamén participa a galega Miriam García (Patiño), que competirá o día 25 de agosto.











