A Asociación de Empresarios de Riveira celebra o VIII Viamare stock
A Asociación de Empresarios de Riveira comezará a VIII Viamare stock o venres 9 de agosto.
O seu horario será venres de 11 a 22 h. Sábado de 11 a 22:00 h. e Domingo de 11 a 22 h.
A inauguración oficial terá lugar o venres ás 13:30.
A carpa está situada no Dique de Riveira, ocupa unha superficie de 800 metros cadrados. (200 metros máis que o ano pasado) e os participantes tamén son máis que en edicións anteriores, este ano será 38 os locais que estarán os tres días en Viamare Stock. Os metros cadrados ocupados polos postos dos participantes son 459 metros cadrados. Case o dobre que en edicións enteriores.











