Portos de Galicia emprende unha actuación na rúa Castelao en Aguiño para solucionar a acumulación de area

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Tarefas de adecuación

Tarefas de adecuación

Portos de Galicia vén de iniciar en Aguiño unha actuación conducente a solucionar os problemas que de forma episódica ten rexistrado a rúa Castelao e adxacentes ao producirse acumulacións de area procedente da veciña praia do Rebalo.

A acción emprendida pola entidade autonómica comprende a ampliación do muro existente nesta ubicación e a colocación dun botaolas que, ademais de funcionar como parapeto contra os áridos, poderá ser empregado como un banco corrido polos veciños e visitantes.

Outra das medidas dirixidas a reforzar a acción de contención da area é a plantación de diversa vexetación na franxa de dez metros máis próxima ao citado muro.

A maiores, tamén se prevé a instalación dunha nova saída de pluviais en aras a evitar problemas de enchoupamento.

O Concello de Riveira quere agradecer ao ente que preside José Juan Durán Hermida a súa sensibilidade para cos problemas do municipio de Riveira en xeral e do núcleo de Aguiño en particular, como é o caso.

2 de xullo de 2013 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.