O xuño da cultura e as artes de Riveira 2013 chegou o seu fin tras case 200 actos promovidos por 68 entidades

Clausura de xuño da Cultura e as Artes
Despois da celebración de case 200 actos en 30 días, o Xuño da Cultura e as Artes chegou onte pola noite á súa fin cun acto de clausura no que se entregou pergamiños conmemorativos e agasallos institucionais ás 68 entidades (54 asociacións e 14 servizos municipais) que se quixeron involucrar nesta iniciativa, posta en marcha por primeira vez o ano pasado para difundir e poñer en valor o labor que en materia cultural se está a realizar no municipio.
O alcalde Manuel Ruiz Rivas foi quen presidiu este acto de peche celebrado no Auditorio, que contou tamén coa intervención da concelleira delegade de Cultura, Elvira Pisos.
Ruiz Rivas loou a vontade participativa da xente de Riveira e o exemplo dado polas asociacións do municipio á hora de confeccionar este ambicioso programa. “É moi difícil que un concello de Galicia, estea onde estea, sexa quen de lograr o que aquí lográstedes vós durante este mes”, remachou o alcalde.
Coral do Círculo Mercantil
Previamente, a Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial de Riveira puxo o broche de ouro á programación cun concerto composto por dez fermosos temas: “Peixe fresco”, “Ave María no Morro”, “Señor, me cansa la vida”, “Muradana”, “Riveira”, “El silencio”, “Unha noite na eira do trigo”, “La sirena”, “Golondrina”e “Himno galego.”
O grupo estivo formado por preto de corenta voces e dirixido por Antonio Fernández Ageitos.











