O novo curso da aula galega de saxofón remata con catro concertos

Alumnos da aula galega de saxofón
O pasado fin de semana tivo lugar en Riveira o último encontro da Aula Galega de Saxofón: unha iniciativa promovida polo Conservatorio Local con asistencia de alumnos procedentes de distintos centros musicais galegos para mellorar a súa formación neste instrumento de vento. O encontro final incluíu a celebración de catro concertos organizados no marco do Xuño da Cultura e as Artes.
Rodrigo Vila
Así, o mestre desta Aula Rodrigo Vila, profesor do Conservatorio de Palma de Mallorca, actuou o pasado xoves na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, en tanto que o venres fixo o propio na Igrexa Parroquial de Santa Uxía, esta vez acompañado de tres ex alumnos que están cursando actualmente o Grao Superior de Saxofón fóra da Comunidade Galega.
O sábado e domingo tiveron lugar no salón de actos do Conservatorio os concertos dos 16 alumnos que participaron este ano de forma mensual na Aula. Estes alumnos estiveron acompañando pola prestixiosa pianista acompañante Yuko Mizutani.











