O festival solidario a beneficio de Amicos terá lugar o sábado na Fieiteira de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRiveira
A-
A+
Presentación do certame solidario

Presentación do festival solidario

Este sábado 6 de xullo, de 20 a 21.30 horas, terá lugar no pavillón polideportivo da Fieiteira un Festival Solidario a beneficio da asociación Amicos.

Esta acción está promovida polo Club Natural Sport, o Colexio Bayón e o Concello de Riveira, coa intención de contribuír a financiar os equipamentos do fogar que a institución de discapacitados está a construír en Comoxo (Boiro).

Por este motivo, a aquelas persoas que queiran sumarse a esta causa solidaria cobraráselle un prezo simbólico dun euro e a recadación estará destinada integramente á asociación.

No acto de presentación do evento compareceron o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez; o presidente de Natural Sport, José Francisco Agrelo; e a presidenta de Amicos, Esther Vidal.

Trece números

Segundo avanzou José Francisco Agrelo, o programa do festival comprenderá un total de 13 números que incluirán dende exhibicións de taekwondo ata de aerobic, ademais de zancudos e un número de maxia.

Juan Luis Martínez manifestou que a intención é ofrecer un espectáculo moi dinámico que entreteña aos espectadores.

Pola súa parte, Esther Vidal tivo palabras de agradecemento para as institucións organizadoras. “Esta é unha causa que necesita a axuda de todos”, afirmou.

4 de xullo de 2013 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.