O Concello de Silleda acollerá a XV edición da Festa do Lacón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSilleda
A-
A+

03072013-19O Concello de Silleda acollerá o vindeiro 12 de xullo unha nova edición da Festa do Lacón, dentro dos seus festexos de verán. Como vén sendo habitual, os comensais que desexen participar na cea deberán adquirir os tiquets antes do 8 de xullo, xa que a partires desta data, aplicarase un recargo do 10%.

Para efectuar a reserva, os interesados poderán retirar as entradas nos establecementos Restaurante Ricardo, Bodegón Esther e Libraría Edita. O prezo establecido é de 55 euros -5 persoas por lacón- para un menú a base de lacón (asado ou cocido) pan, viño e queixo con marmelo.

O evento terá lugar na Praza da Feira Vella, a partires das 22.00 h.

3 de xullo de 2013 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.