O campionato galego de cinco kilómetros en ruta celebrarase o 6 de xullo en Riveira
O Concello de Riveira, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, organiza para este sábado 6 de xullo a primeira edición da Carreira Popular de 5 Kilómetros en Ruta ‘Concello de Riveira’, que será á súa vez o Campionato Galego de 5 Km. en Ruta 2013 nas categorías absoluta, xuvenil, junior, promesa e veteranos.
A cita está aberta á participación de atletas federados e non federados, habendo unha soa clasificación conxunta. Están inscritos a data de hoxe 150 deportistas federados e 108 non federados.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega e Atletismo. O percorrido está homologado pola Real Federación Española de Atletismo.
A saída terá lugar ás 21 horas dende o paseo do Malecón.
Primeiramente participarán as categorías inferiores (pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete), que percorrerán unhas distancias máis curtas: 300 metros para os pitufos, 500 metros para prebenxamín, 1.000 para benxamín e alevín, e 2.000 para infantil e cadete.
Percorrido
Xa a partir das 22 horas principiará a carreira para as modalidades xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos que integran o Campionato Galego. A distancia homologada consta dunha soa volta pasará pola rúa Manzanares, rúa de Galicia, praza da Concordia, avenida da Coruña, paseo marítimo de Coroso e volta cara o paseo do Malecón de forma paralela ao porto.
A entrega de premios terá lugar ás 23 horas no Auditorio Municipal. Haberá medallas para os tres primeiros clasificados en cada categoría (agás pitufo e prebenxamín) e trofeo para o primeiro e a primeira clasificada local.
Será preciso establecer peches puntuais á circulación nalgún tramo puntual.











