O campamento “Soño olímpico” de Riveira contará con 200 deportistas dunha ducia de países

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalRiveira
A-
A+
Presentación do campamento

Presentación do campamento

Uns 200 deportistas procedentes dunha ducia de países van participar do 8 ao 12 de xullo na quinta edición do Campamento de Verán Soño Olímpico: unha cita organizada polo Club Natural Sport coa colaboración do Concello de Riveira a Federación Galega de Taewondo.

Para presentar esta acción compareceron hoxe no Consistorio o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez; e o presidente do Club Natural Sport, José Francisco Agrelo. Tamén estivo o mexicano Salvador Allende, un dos máis grandes especialistas a nivel mundial en adestramento con nenos.

Unha vez máis, o lugar de celebración do evento será o Cámping Ría de Arosa 2: un escenario que vai permitir aos alumnos interactuar con  con outros combatentes e adestradores do máis alto nivel para afinar a súa formación como deportistas. A concentración está formada por uns 150 alumnos e outras 50 persoas entre adestradores e monitores.

Entre os países representados, figuran Bélxica, Luxemburgo, Francia, Perú, Ecuador, México, Arxentina, Portugal, Italia ou Repúbica Dominicana.

Juan Luis Martínez destacou que o municipio de Riveira vai ser un verán máis un referente no mundo do taekwondo e resaltou a idoneidade do evento para promocionar tamén a nosa gastronomía e paisaxe.

Coaching

Tocante ao programa, un dos aspectos nos que máis se vai incidir no transcurso da xuntanza vai ser no do coaching deportivo. Así, desenvolveranse unha serie de charlas orientadas aos adestradores sobre liderazgo, comunicación, motivación e xestión de grupos; e outras dirixidas aos alumnos sobre concentración, autoconfianza, comunicación, liderazgo e fortaleza mental.

Outras das novidades desta convocatoria é que o venres día 12 vaise desenvolver de 12 a 14 e de 16 a 18 horas unha acción formativa enfocada especialmente aos nais e pais de deportistas no que se lles aprenderá o papel que poden desenvolver na formación deportiva dos seus fillos.

5 de xullo de 2013 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.