A Deputación da Coruña entrega dúas embarcacións de vela ao Concello de Riveira nas instalacións do club náutico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Embarcacións cedidas pola Deputación

Embarcacións cedidas

O Concello de Riveira recibiu esta mañá nas instalacións do Club Náutico dúas embarcacións de vela clase Optmist da man da Deputación Provincial.

Esta doazón adscríbese á Campaña de Vela 2013 da Deputación, idea de que os rapaces podan introducirse neste deporte barco. Outras dúas embarcacións coas mesmas características serán entregadas ao Concello de Cee e outras dúas ao de Cabanas.

Manuel Ruiz, na súa condición de deputado, e Juan Luis Martínez como concelleiro de Deportes participaron neste evento, xunto con Carmen Vidal e Cristina Vidal en representación da institución provincial. Tamén estaba Enrique Cores polo Club Náutico de Riveira.

Manuel Ruiz subliñou o feito de que, unha vez conclúa o curso de vela da Deputación, os barcos pasarán a disposición do Concello para uso da súa escola municipal.

1 de xullo de 2013 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.