A biblioteca de Riveira abrirá 53 horas semanais ata o 31 de agosto
O Concello de Riveira decidiu dar unha volta de torca ao horario da Biblioteca Municipal e, dende o hoxe mesmo ata o 31 de agosto, esta instalación vai estar aberta un total de 53 horas semanais: de luns a venres, de 8 a 14 e de 18 a 22 horas; e os sábados, de 11 a 14 horas.
O Executivo dá resposta así ás demandas de moitos usuarios que solicitaban poder facer uso desta infraestrutura durante máis horas ao longo do verán (cabe lembrar que o horario tradicional que rexía durante cada mes de xullo era de luns a venres, de 8 a 14 horas).
Con esta modificación se incrementa incluso o número de horas abertas en relación ao funcionamento regular que impera durante os outros 11 meses do ano, nos que a biblioteca adoitaba abrir 40 horas á semana (de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 21 horas).
Lustres Rivas
Polo que se refire ao Centro Cultural Lustres Rivas, estará aberto nos meses de xullo e agosto de luns a venres, de 8 a 14 e de 19 a 22 horas, e os sábados, de 11 a 14 horas.
A este respecto, tamén se decidiu prorrogar ata o sábado 3 de agosto a apertura da mostra “Os Caprichos de Goya de Dalí”, que se exhibe na súa sala de exposicións, e que ía a concluír esta semana.











