55 destacados artistas da comarca expoñen as súas creacións en Barbantirte II en Riveira

Inauguración de BarbantiRte II
O Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes está a exhibir dende a pasada fin de semana a exposición BarbantiRte II: unha mostra na que se amosa unha selección de obras 55 destacados artistas da comarca ou vinculadas con ela, pertencentes a distintas disciplinas como a pintura, a escultura, o gravado, o collage, a fotografía, esmalte ou o videoarte.
Esta exposición está promovido pola Fundación Museo de Artes, a Asociación Barbantia e o Concello de Riveira e vén a dar continuidade á outra mostra inaugurada o día 9 de xuño que, baixo o título de BarbantiRte, que recollía outros 50 autores da comarca.
O acto inaugural da exposición do sábado contou coa participación do vicepresidente da Fundación Museo de Artes, Javier Expósito; a primeira tenente de alcalde do Concello de Riveira, Dolores Elorduy; e Pastor Rodríguez como coordinador de Barbantia.
Previamente, tivera lugar unha performance a cargo de Esther F. Carrodeguas e Raquel Ramos.
Entre o público congregado figuraban moitos dos artistas expositores, como Manuel Ayaso, Xerardo Crusat, Antonio Pérez, Xoán Fernández, Pitusa Rivas, Maralla ou Jontxu Argibay.
A relación de autores está formada por: Pitusa Rivas, Abelardo Soler Torrente, Xosé Comoxo Rodríguez, Nuco Losada, Javier Sande Iglesias, Simón Balvís, Pío Costa, Soledad Penalta, Antoñeta Castro, Rosana Calvo, Victoria Osés Calvo, Carlos Agrafojo, Teresa Creo, Encarna Méndez, Emilio Mariño, Maralla, Antonio Pérez, Mónica Ayaso, Manuel Ayaso, Ana Cambeiro, Jontxu Argibay, José Manuel Fontaíña Rivas, Tantino, Paco Casal, Veiras Manteiga, Canelas, Manuel Teira, Nacho C. Beiro, Xoán Fernández, Manuel Romero, Inés Lemos – Manés, F. Blanco Alcaide, Alfonso Costa, Carmela Queijeiro, Xerardo Crusat, Raúl Gil Burés, Paola García Paz, Alfonso Novo, Marian Paredes Villaronga, Natalia Lampón Pimentel, Ricardo de Barreiro, Manuel del Río, Isabel Soler Rivas, Santiago Gabán Granizo, José Andrés Gude Teira, Manuel Rodríguez Varela, Manolo Blanco, Manuel Mariño Reino, Damián Eiras e Xaba, Elena Fernández Reiriz, Fernanda Álvarez Pérez, Alén Pérez Maneiro, Lesmes e Nacho Icega.











