Uxía Valiño Pérez, gañadora do primeiro certame de pintura escolar do Concello de Riveira
A sala alta do Auditorio Municipal de Riveira viviu hoxe a apertura da exposición “Que te suxire Riveira?”, integrada polas obras que se presentaron á primeira edición do Certame de Pintura Escolar, promovida polo Concello a través das súas Áreas de Cultura e Educación.
O acto, que forma parte da programación do Xuño da Cultura e as Artes, deu cabida tamén á entrega de premios aos galardoados, entre os cales a rapaza Uxía Valiño Pérez, de 12 anos de idade e estudante de 1º de ESO no colexio Galaxia, obtivo o primeiro premio coa obra titulada “A casa dos peixes”: unha creación que tal e como indicaban as bases do concurso formará parte do cartel das vindeiras Festas de Verán de Riveira.
Hai que recordar que se presentaron ao certame alumnos e alumnas dos colexios Galaxia, IES Número 1, Leliadoura, Sagrado Corazón de Castiñeiras e Bayón.
O xurado estivo formado por Antonio Pérez (pintor), Manuel Ayaso (gravador e pintor) e Jontxu Argibay (escultor). Actuou de secretario (con voz pero sen voto) o técnico municipal de Cultura Unai González.
No acto de apertura compareceron a concelleira de Cultura, Elvira Pisos; a directora do museo municipal, Pilar Casa; e Antonio Pérez no nome do xurado. Elvira Pisos fixo fincapé no bo resultado desta primeira experiencia e expresou o seu desexo de aumentar a participación o ano que vén.
O resto dos galardoados son:
COLEXIO GALAXIA:
- “ Beleza prehistórica”. Manuel Rey Ayaso, 1º B ESO, 12 anos.
- “SANUD”. Silvia Beatriz Piñeiro Martínez. 1º ESO, 12 ANOS.
- “ Pintos pintados”. Patricia Pouso Oujo, 3º ESO, 15 anos.
- “Mar revolto”. Séfora Santos Ruiz, 3º ESO, 15 anos.
- “ Un abrir e pechar de ollos”. Carla Serviá Hermo, 3º ESO, 15 anos.
IES Nº 1:
- “As festas dende o faro”. Fernando Copa Amado, 1º C ESO, 12 anos.
- “Visitando o paseo de Riveira” Pamela Alejandra Andana López, 1º ESO, 13 anos.
- “Regata de cores”. Iago Pérez Laranga, 1º A ESO, 13 anos.
- “Vista da illa do faro de Ribeira”. Samanta Chaves Mateo, 4º ESO, 17 anos.
- “Barco bateeiro no mar de Ribeira”. Sara López Pérez, 4º ESO, 17 anos.
- “O faro de Corrubedo”. Patricia González González, 4º C ESO, 16 anos.
IES LELIADOURA
- “Noite”. Juan Santamaría Lampón, 1º B ESO, 12 anos.
- “Porto de Riveira”. María Puga Sampedro, 1º B ESO, 12 anos.
- “Chegada á lonxa”. María Martínez García, 3º ESO. 14 anos.
- “Vistas á cidade”. Ainoa Santamaría Queiruga, 4º ESO, 17 anos.
- “Ribeira pesqueira”. Silvio González González, 1º A ESO, 13 anos.
- “A serea de Sálvora”. Sara Maneiro Barral, 3º ESO, 15 anos.
COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE CASTIÑEIRAS
- “Os mariñeiros”- Daniel Pego Santamaría, 1º ESO, 12 anos
- “Terra pesqueira”. Yaiza Pérez Fernández, 4º ESO, 17 anos.
- “Puesta de sol en Coroso”. Diego Mariño Rodríguez, 1º ESO, 12 anos.
- “Un día de verán en Coroso”. Iria García Martínez, 1º ESO, 12 anos.
- “Dous barcos pesqueiros”. David Paz, 3º ESO, 14 anos.
- “Vista de Ribeira”. José Antonio Nuñez López, 4º ESO, 15 anos.
COLEXIO BAYÓN DE RIVEIRA
- “A nosa sangue”. María Simarro Lopez, 1º ESO, 12 anos.
- “Ribeira ao descuberto”. Alba Muñiz Rodríguez. 1º ESO, 12 anos.
- “Bailando na festa”. Pablo Pardavila Romero. 1º ESO, 13 anos.
- “Reflexando festas”. Ana Belén Pérez Sampedro. 3º ESO, 15 anos.
- “Dolmen”. José Manuel Folgar Calo. 3º ESO, 14 anos.
- “El reflejo”. Fran Reiriz, 4ª ESO, 15 anos.











