Unha exposición con documentos oficiais retrata a historia económica de Riveira entre 1901 e 1964
Unha exposición formada por 53 documentos custodiados no Arquivo Municipal retrata a historia económica de Riveira nos primeiros 60 anos do século XX. Co título de Documenta2, esta segunda mostra regresa ao espazo da Sala Museo Municipal tras o interese suscitado pola exposición Documenta, que se puxera en marcha en 2012 coincidindo coa primeira edición do Xuño da Cultura e as Artes.
A escolma de documentos pretende abarcar os diferentes sectores económicos característicos da cidade e do municipio (agricultura, gandería, industria, etc.), resaltando a importancia da pesca como sector primordial e moi representativo de Riveira.
A apertura da mostra contou coa presenza da concelleira de Cultura, Elvira Pisos; coa directora do Museo, Pilar Casas; e co arquiveiro municipal, José Antonio Otero. Elvira Pisos manifestou que con esta acción se pretende conmemorar tamén o Día Internacional dos Arquivos, unha efeméride que se desenvolverá o vindeiro domingo 9 de xuño.
A selección de documentos realizada revela os distintos grupos humanos económicos existentes naquel entón desde o punto de vista en que participan na economía (produtores, empresarios, traballadores, comerciantes) e exhibe tamén como eran algúns dos equipamentos cos que se contaba para a actividade económica (barcos, peiraos, mercados, lonxa…). Documenta2 tamén trata de amosar as distintas formas de actuación que as Administracións Públicas superiores impoñían ao Concello de Riveira, como as cotas de produción, cartillas de racionamento, xuntas de produtores…
A exposición inclúe tamén algúns documentos “curiosos” a primeira vista: planos, proxectos, marcas de imaxe corporativa, etc, que veñen a testemuñar como era a economía a nivel documental naqueles anos.
Consulta na páxina web
Co fin de achegar os documentos á cidadanía, tamén poden ser consultados a través da páxina web municipal (www.riveira.es).
Documenta2 permanecerá aberta durante todo o mes.
Relación de documentos expostos:
Expediente sobre elección de once vogais que lle corresponde renovar á Cámara Agrícola provincial da Coruña convocada para o día 27 de decembro do ano actual polo Excmo Señor Gobernador Civil da provincia nos Boletíns oficiais números 282 e 283 de 5 e 7 de decembro do mesmo ano. 1924-1925.
Expediente sobre a asistencia de delegados ás sesións que celebre a Sociedade de Mariñeiros de Riveira. 1901-1902.
Regulamento da Asociación para o desenvolvemento e fomento da Caza e Pesca, “A Protectora” no termo municipal de Santa Uxía de Riveira. 1925.
Testemuño do expediente instruído neste Concello para demostrar a tradicionalidade e carácter consuetudinario dos mercados que veñen celebrándose nesta poboación todos os domingos do ano e terceiro e cuarto de cada mes. 1932.
Concurso de gando. Programa e regulamento do que se celebrará nesta Cidade o día 21 de abril de 1912 por acordo do Concello de 11 de febreiro dese mesmo ano. 1912.
Cartilla de racionamento. 1941.
Circular sobre o prezo de venda ao público do pan. 1954.
Acta de inspección de repeso de pan e toma de mostras. 1955.
Autorización para Depósito de Viños á empresa “Casa Lacave y Cía”. 1950.
Acta de Constitución da Xunta Agrícola Municipal do Concello de Riveira. 1938.
Informe do Administrador da Lonxa sobre a poxa do polbo. 1957.
Oficio do alcalde ao fabricante de conservas sobre a introdución de marisco e pescado. 1957.
Informe da Delegación Local de Abastecementos e Transportes sobre as características xerais do municipio. 1946.
Relación de postos na Praza do Peixe adxudicados na poxa celebrada o 31 de decembro de 1959. 1959.
Acta de adxudicación a Antonio Pérez Penín dun posto vacante no Mercado de Abastos. 1951.
Acta de adxudicación a Antonio Pérez Penín dun posto vacante no Mercado de Abastos. 1951.
Expediente para a concesión dun Posto regulador do Peixe a Mariño Rivas. 1963.
Circular do alcalde sobre as cartillas de racionamento. 1944.
Acta de constitución da Xunta Parroquial de Palmeira, encargada de auxiliar a Secretaría do Concello nos traballos de comprobación de colleitas, reparto de semente… 1942.
Relación do persoal obreiro empregado en cada unha das industrias que existen na actualidade neste distrito. 1925.
Folga na fábrica de conservas. 1936.
Expediente sobre a asistencia de delegados ás sesións da Sociedade de Mariñeiros. 1902.
Relacións de embarcacións afectadas polo vendaval do 4 ao 5 de abril de 1954 no porto de Aguiño. 1954.
Carta de “Filla de Emilio Colomer”. 1964.
Carta de “Conservas Lojo”. 1964.
Reclamación de Josefa Martínez Eiras contra Manuel Peña González, armador dos barcos Robertina Teresa e Pepe, naufragados e nos que faleceu seu fillo. 1930.
Rexistro do gando existente no Concello. 1912.
Resumo xeral do abastecemento de peixe fresco en agosto. 1951.
Título de vendedor de lonxa. 1941.
Acta de reunión dos sectores afectados pola pesca. 1943.
Relación de existencias de conservas dispoñibles. 1939.
Estatística de propietarios rurais. 1947.
Declaración de existencias de viño e produtos derivados da uva. 1952.
Liquidacións de coloniais (azucre, aceite e xabón). 1944.
Acta de distribución da cota da pataca. 1945.
Relación de produtores de trigo e centeo. 1947.
Proxecto de casiña para o control e pesado de reses. 1947.
Proxecto de casiña para o control e pesado de reses. 1947.
Proxecto de Mercado Central “Santa Eugenia”. 1949.
Carta da Confraría de Pescadores de Carreira: construción do peirao de Aguiño. 1941.
Carta da Fábrica de Conservas Domingo Vilas. 1944.
Solicitude de autorización para a extracción de arxila. 1944.
Informe do administrador da lonxa sobre irregularidades na compra e venda de peixe. 1954.
Matrícula de Contribución Industrial. 1936.
Matrícula de Contribución Industrial. 1937.
Declaración de baixa en Contribución Industrial de José Mariño Rivas. 1937.
Declaración xurada de volume de vendas. 1935.
Expediente para a formación de gremios. 1931
Padrón de comerciantes. 1929
Solicitude de Patente de Contribución Industrial. 1938
Proxecto de nave para un almacén de Conservas Baquero. 1959
Reclamación de industriais sobre deficiencias no subministro de enerxía eléctrica. 1959
Declaracións de alta na Contribución Industrial en maio. 1928











