Un taller de pintura mural recreará no muro exterior da Casa da Xuventude de Riveira a obra de Luis Seoane “As mariscadoras”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+

A xornada comezará cunha nova visita de alumnos ao parque periurbano con motivo da actividade “Os artistas en San Roque”, concibida para que as xeracións máis novas se adentren no mundo do megalistismo, da Idade de Bronce e a Idade de Ferro. Estarán dende as 9 ata as 13.30 horas.

A Casa da Xuventude será escenario mañá mércores, entre as 16.30 e as 19 horas, da primeira xornada do obradoiro de pintura mural dirixido por Fernando Yáñez, profesor de artes plásticas do colexio Galaxia. Dirixido a rapaces de 12 a 16 anos, este taller pretende xogar coa obra “As mariscadoras”, de Luis Seoane e recreala no muro exterior da instalación.

En principio está previsto que este obradoiro dure dous días (mércores e xoves), se ben podería rexistrar variacións dependendo das condicións meteorolóxicas.

Obradoiro de refugallo

De 17 a 20 horas terá lugar na praza do Centenario un obradoiro de refugallo a iniciativa de Cruz Vermella de Riveira. Está dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos.

O Conservatorio Municipal dará cabida ás 19.30 horas a un concerto de bandas sonoras cuxa entrada é libre e gratuíta ata encher aforo.

O bar Brétema acollerá unha degustación de viño galego ás 20 horas e unha sesión instrumental en directo ás 22.30 horas.

Por último, a Escola Municipal de Danza Contemporánea ofrecerá unha clase práctica aberta ás 20.30 horas na aula de ballet situada no Conservatorio. Dirixiraa Vicente Colomer.

18 de xuño de 2013 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.