Un novo libro sobre Roberto Vidal Bolaño concilia o interese de destacados persoeiros da cultura en Barbanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Público asistente á presentación do libro

Público asistente á presentación do libro

O Centro Cultural Lustres Rivas foi escenario onte pola tarde da presentación do libro que sobre Roberto Vidal Bolaño escribiu Laura Tato Fontaíña, profesora da Facultade de Filoloxía e Humanidades da Universidade da Coruña e auténtica experta en teatro galego.

Arredor de medio cento de persoas asistiu a este acto, que tamén serviu para dar a coñecer o suplemento número 86 de La Voz de Barbantia.

O presidente de Barbantia, Xesús Laíño; o alcalde de Riveira Manuel Ruiz; o delegado de La Voz en Barbanza, Ramón Ares; e a propia autora compuxeron a mesa presidencial dun evento que tivo como protagonista ao homenaxeado deste anono Día das Letras Galegas: o gran renovador do teatro contemporáneo galego, que vén a ser obxecto desta breve pero aguda análise da súa traxectoria profesional e artística, publicada pola  editorial Toxosoutos.

O acto daría pé tamén ao debate sobre outras interesantes temas de actualidade, como o futuro da prensa en papel e a súa interacción coa comunicación dixital e as redes sociais.

Entre o público reunido no Lustres Rivas figuraban destacados persoeiros do mundo da cultura na comarca da talla de Manuel Ayaso, Pastor Rodríguez, Manuel Cartea, Antonio Piñeiro ou Maralla

O evento, que forma parte da programación do Xuño da Cultura e as Artes, estivo aderezado coa actuación musical da brillante alumna de piano do Conservatorio Municipal de Riveira Michelle Pena González.

29 de xuño de 2013 | 15:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.