Un concerto de saxofóns e a carreira nocturna de Castiñeiras, entre as ofertas de mañá do xuño da cultura e as artes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+

A penúltima xornada do Xuño da Cultura e as Artes principiará mañá sábado cunha degustación de produtos do mar e unha exposición de papiroflexia no bar Brétema: dous accións que terán lugar ás 12 do mediodía.

Ademais, o Auditorio Municipal de Riveira será escenario do espectáculo “Turandot, a princesiña de xeo” no marco da VI Mostra de Monicreques Ti-ti ritando de Emoción. A Asociación Lírica de Galicia será a encargada de ofrecer esta actuación, que dará comezo ás 19 horas e é gratuíta e libre ata encher aforo (poderán ser retiradas as entradas media hora antes do inicio).

Debate sobre a xuventude

Os alumnos da Aula Galega de Saxofón dará un concerto ás 20.30 horas no Conservatorio Municipal: mesmo horario que o debate público ofrecido a iniciativa da Asociación Pedra de Pidre e o Ateneo Valle-Inclán na sede desta última entidade. Tratará sobre a “Xuventude, problemáticas e solucións”. Modera Antoni Lijó.

Por último, ás 23 horas dará inicio a Carreira Popular Nocturna de Castiñeiras, con 110 corredores participantes.

28 de xuño de 2013 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.