Riveira porá en marcha un novidoso concurso de fotografía de arquitectura contemporánea para o mundo escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaRiveira
A-
A+
Presentación do concurso

Presentación do concurso

Os escolares do municipio de Riveira terán a oportunidade de participar no curso 2013-2014 nunha novidade actividade consistente no Primeiro Concurso Escolar de Fotografía de Arquitectura Contemporánea.

Esta iniciativa xurdiu do arquitecto Miguel Martínez Castro, responsable da empresa aMMCestudio, quen planteou a idoneidade de emprender esta acción ao Concello de Riveira, idea que foi moi ben acollida polo ente local.

O acto de presentación contou coa participación da concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e do propio Miguel Castro, quen explicou que no transcurso da súa vida profesional ven obsevando que a arquitectura contemporánea resúltalle descoñecida á maior parte da xente e que, ao contrario do que sucede noutros ámbitos como a moda ou o automóbil onde a sociedade opta por solucións actuais, “na arquitectura se segue escollendo maioritariamente deseños que xa requerían os nosos avós”.

Miguel Castro tamén puxo en valor a importancia da fotografía no mundo da arquitectura, pois permite “chegar a obras que se teñen lonxe”, ao tempo que proporciona a esta disciplina “un valor engadido ao transmitir sensacións e percepcións que non se ven cos ollos”.

Bases

A concelleira de Cultura considerou o grande interese de que os rapaces podan achegarse ao mundo da arquitectura, os volumes e as formas e manfistou que neste intre se está a traballar nas bases, nas que o Concello xa introduciu algún cambio sobre a proposta inicial, como o feito de dirixir o certame ao ámbito educativo.

A intención é que haxa tres categorías (Primaria, ESO e Bacharelato) e que se ben a participación estará restrinxida aos alumnos dos centros educativos de Riveira, a temática das imaxes poderá abarcar calquera motivo arquitectónico contemporáneo, rural ou urbano, da Comunidade Autónoma de Galicia (consideraras contemporáneo a partir da mitade do século XX).

Conformarase un xurado que valorará aspectos como a adecuación á temática do concurso, a calidade técnica (incluíndo o tratamento da luz e os volumes na realización das fotografías) e a calidade compositiva e creativa, ademais da orixinalidade e sensibilidade.

Está previsto que o fallo do certame e a entrega de premios teñan lugar no marco do Xuño da Cultura e as Artes do ano 2014.

28 de xuño de 2013 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.