Riveira habilita un autobús para aqueles que queiran acudir ao Encontro de Maiores de Baión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRiveira
A-
A+

A Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social de Riveira pon un autobús a disposición daqueles pensionistas interesados en participar no Encontro de Maiores que terá lugar o sábado 6 de xullo en Baión (municipio de Vilanova de Arousa).

Esta xuntanza celebra o seu 23º aniversario, como un foro de convivencia dos maiores das catro provincias galegas. Nesta edición, a organización formada pola Asociación Cultural O Castro quixo convidar a maiores de Riveira, Guitiriz, Ribadumia, Cobelo en representación das catro provincias. Participarán en torno a 400 persoas.

O programa incluirá de forma gratuíta a visita a unha adega e a outros lugares de interese, unha misa cantada pola Coral do Castro e o propio xantar de confraternidade no pavillón deportivo de Baión, que incluirá un baile e actuacións. Tamén cabe a posibilidade de participar nun paseo en catamarán pola ría con degustación de viño albariño e mexillóns (o importe desta excursión rondará os 8 euros).

 Para máis información e inscricións, hai que dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais (teléfonos 981874131 e 981873409).

25 de xuño de 2013 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.