Reparto das 15.000 guías comerciais de Riveira na sede da asociación de empresarios e en dependencias municipais

Presentación da guía comercial
As 15.000 guías comerciais de Riveira que editou o Concello coa colaboración da Deputación xa están a disposición dos interesados, que poden obter un exemplar tanto en dependencias municipais como na Asociación de Empresarios.
Así, ademais de na sede desta última entidade, tamén pódese acceder a esta guía no Consistorio Local, nas oficinas de información turística do Malecón e Xarás e no Centro de Interpretación do parque de San Roque.
Cebe subliñar que neste traballo, deseñado co obxectivo de dinamizar a actividade comercial de Riveira, recóllense referencias de todos os negocios existentes no municipio (incluíndo as parroquias) nos distintos sectores: alimentación; casa e fogar; ocio, deportes e informática; restaurantes, bares e aloxamento, roupa e complementos; saúde e beleza; outros negocios; e servizos.
O libriño está estruturado de tal xeito que un pode localizar un negocio rapidamente a partir dun mapa da cidade na que as distintas áreas están clasificadas por un código de cores. Ademais, os comercios están igualmente clasificados mediante uns iconos identificativos de cada sector.











