Recepción da asociación de Amas de Casa de Fene no Consistorio Municipal de Riveira

Entrega de agasallo institucional á asociación
Medio centenar de mulleres pertencentes á Asociación de Amas de Casa de Riveira, encabezadas pola súa presidenta Julia Sedes, foron recibidas esta mañá polo alcalde Manuel Ruiz no Salón de Plenos do Consistorio Local.
O evento contou tamén coa participación da presidenta de Amas de Casa de Riveira e Filla Adoptiva, Magdalena Bringas, quen introduciu o acto e destacou algúns dos atractivos que atesoura o municipio, como é o caso do parque dunar ou o de San Roque.
Ruiz Rivas desexou ás presentes unha boa estancia e fixo fincapé no exemplo que están a dar as Amas de Casa de Riveira, ao ser “un colectivo que sempre está disposto a participar en todo”.
Ao finalizar o acto, o rexedor agasallou á asociación de Fene cun agasallo institucional e sacouse unha foto de familia para o recordo.











