Os alumnos da escola musical de danza clásica de Riveira ofrecerán o domingo un gran festival

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+

Os 43 alumnos e alumnas da Escola Municipal de Ballet do Concello de Riveira van ofrecer este domingo 9 de xuño o xa tradicional Festival de Danza Clásica que sirve para poñer remate ao curso da mellor dos maneiras.

Elvira Pisos, como concelleira de Cultura, e Cristina Riveiro, como profesora da escola e directora da función, foron as encargadas de expoñer o programa do Festival, que forma parte da programación do Xuño da Cultura e as Artes E terá lugar a partir das 20.30 horas no Auditorio Municipal (a entrada é libre e gratuíta ata o encher o aforo).

A edila riveirense destacou que o compromiso do Concello coa danza naceu hai 16 anos e, dende entón, se ten consolidado como unha das disciplinas artísticas máis apreciadas no municipio. Pisos quixo destacar o esforzo que fan os pais e nais para que os alumnos podan aprender esta especialidade.

Programa

Cristina Riveiro expuxo o desenvolvemento do evento, que dará comezo coa actuación dos máis pequenos baixo a música de “Canción da Boneca”, composta por Richard M. Sherman e Robert B. Sherman para a película “Chitty Chitty Bang Bang”.

A continuación, outro grupo bailará ao son de diversos extractos da famosísima ópera “Carmen”, de George Bizet, cos arranxos posteriores de Rodion Schedrin. Ditos estratos son: “Preludio y Variación Aragonesa Carmen”, “Los Dragones de Alcalá”, “Habanera”, “Plaza”, “Variaciones Sargento”, “Palmas” y “Canción del Toreador”.

A terceira parte da función corresponderá a “Do Re Mi”, da comedia musical “Sorrisos e lágrimas”, cuxa dirección musical foi exercida por Julio Awad.

E por último, terá lugar a parte máis atrevida da función, co coñecido tema “All for love”, de Bryan Adams, Rod Stewart e Sting.

Cristina Riveiro animou á veciñanza a que acuda ao Auditorio para presenciar este espectáculo.

5 de xuño de 2013 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.