O grupo de pandeireteiras de amas de casa deu unha actuación na praza do Concello

Actuación das pandereteiras
O grupo de pandeireteiras da Asociación Amas de Casa de Riveira ofreceu este mediodía unha actuación musical na praza do Concello.
Baixo a dirección do profesor José Luis Galán, os integrantes deste colectivo deleitaron con distintas pezas ao numeroso público que se reuniu na explanada fronte á Casa Consistorial.
Esta foi unha máis das moitas accións emprendidas no marco do Xuño da Cultura e as Artes pola Asociación Amas de Casa, que dirixe Magdalena Bringas.











