O Concello de Riveira incrementa nun 3,82% as axudas económicas a clubs do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalRiveira
A-
A+

O salón de plenos do Consistorio Local foi escenario esta mañá da sinatura dos convenios de colaboración que o Concello de Riveira establece este ano con 22 clubs do municipio. A contía total destinada a este concepto ascendeu a 66.810 euros.

O alcalde Manuel Ruiz Rivas e o concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez Queiruga recibiron aos representantes das entidades deportivas. O rexedor local destacou que pese a que o Orzamento Municipal de 2013 experimentou un descenso na súa contía global, as axudas aos clubs rexistraron –e pese as limitacións do principio de estabilidade presupostaria- un incremento do 3,82% sobre o ano pasado, o que demostra a aposta que este Executivo está a realizar pola promoción do deporte.

Ademais, Ruiz Rivas lembrou algunhas das actuacións que en canto a infraestruturas deportivas ten previsto acometer o Concello caso da mellora das instalacións do campo de fútbol municipal de Oleiros, a construción dunha pista multideporte en Ameixida (Castiñeiras) e doutra pista en Palmeira ou a habilitación de pistas de padel en Coroso.

Vinte dos clubs beneficiados xa recibiran axudas no exercicio anterior: C.D. Artes, Oveira C.F., Atlético Oleiros, Xuventú Aguiño, Sálvora C.F., Atlético Riveira, Carreira C.F., Club Palmeira, Natación Riveira, Natural Sport Videlgi, Náutico Deportivo de Riveira, Asociación Lajareu por Barlovento, Club Kempo Riveira, Motoclub Riveira School, Club Santa Uxía Atletismo, Club Xadrez Círculo Mercantil, Club Patinaxe Riveira, Club Amicos / Integrados, Club Baloncesto Riveira e Club Kempo Barbanza.

Ademais, hai dous clubs de nova creación cos que tamén se estableceu convenio: Club Fútbol Sala Destranjis e Club Boxeo El Canario.

26 de xuño de 2013 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.