O concello de riveira adquire en subhasta pública por 100.000 euros a parcela de 4.300 metros na que se levanta “Hesta Kurva”

Hesta Kurva
O Concello de Riveira vén de adquirir en subhasta pública a titularidade do solar de 4.300 metros cadrados de superficie no que se enclava o inmoble coñecido por albergar hai anos a discoteca “Esta Kurva”.
Así llo comunicou a Axencia Tributaria á Administración Municipal, que, no afán de recuperar un espazo actualmente degradado e cun notable impacto visual, decidira puxar 100.000 euros por esta parcela.
Agora, o equipo que dirixe Manuel Ruiz Rivas procederá a estudar os posibles usos a dar a esta superficie, tendo en conta o seu inmenso potencial, ao estar situada nun magnífico emprazamento (moi preto da praia urbana de Coroso) e con excelentes comunicacións viarias coa cidade, Palmeira e o acceso á autovía da Barbanza.











