Entrega de diplomas do obradoiro de informática e novas tecnoloxías en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+

O Xuño da Cultura e as Artes vai albergar no día de mañá, xoves 27, o acto de entrega de diplomas dos cursos de informática e novas tecnoloxías que organizou o Concello neste último trimestre.

O evento terá lugar a partir das 20 horas no Auditorio Municipal e estará presidido polo alcalde Manuel Ruiz. Tamén intervirán o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Emilio Pérez, e o axente TIC Abel Alonso.

Cata e concerto

Por outra banda, a vinoteca Abuela Gloria ofrecerá unha degustación-cata de viño ás 20.30 horas, en tanto que o bar Brétema será escenario dun concerto acústico ás 23 horas a cargo da formación “The Feeling Bar”.

Cómpre advertir tamén de que a presentación do libro “Historia, Patrimonio e Antropoloxía de Artes” de Ledicia Lustres no Museo Etnográfico quedou posposta.

26 de xuño de 2013 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.