Denunciados oito veciños por condutas inapropiadas en relación aos seus cans

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+

Dende o pasado mes de abril ata o día de hoxe, a Policía Local de Riveira ten denunciado a oito veciños do municipio por condutas inapropiadas en relación aos seus cans.

Así, entre feitos que motivaron tales denuncias, figuran dende non recoller do espazo público as feces das súas mascotas, ata levar solto ao animal ou, no caso de cans potencialmente perigosos, levalo sen bozo

O rango de sancións que establece a lexislación oscila entre os 90 euros e os 2.400 euros.

Campaña de sensibilización

Con relación a este tema, cómpre salientar que o Concello de Riveira está ultimando o lanzamento dunha campaña informativa e de sensibilización dirixida a que os donos de cans adopten hábitos respectuosos coa convivencia veciñal.

Hai que recordar tamén que o Concello puxo en marcha o pasado xoves o primeiro parque canino da comarca: recinto que se sitúa nas inmediacións do parque do Centenario, fronte ás dependencias da Policía Local.

18 de xuño de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.