Concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Riveira no xuño da cultura e as artes
O Xuño da Cultura e as Artes será escenario mañá xoves, día 20 de xuño, de máis actividades a iniciativa do Concello e de distintas asociacións e entidades do municipio.
O calendario de actos dará comezo un día máis ás 9 horas cunha nova visita de alumnos ao parque periurbano e ao seu centro de interpretación con motivo da actividade “Os artistas en San Roque”, concibida para que as xeracións máis novas se adentren no mundo do megalistismo, da Idade de Bronce e a Idade de Ferro.
Ademais, de 16.30 a 18 horas proseguirá na Casa da Xuventude o obradoiro de pintura mural co que se pretende plasmar no muro exterior do recinto a obra “As mariscadoras”, de Luis Seoane.
Bailes de salón
Por outra parte, a asociación de Amas de Casa e o Círculo Mercantil e Industrial de Riveira promoven unha clase aberta de bailes de salón que terá lugar na sede desta última entidade, entre as 18.30 e as 21.30 horas.
O alumnado do Conservatorio Profesional ofrecerá ás 19.30 horas un concerto nesta instalación municipal cuxa entrada é libre ata encher aforo.
A vinoteca Abuela Gloria celebrará ás 20.30 unha degustación-cata de viño, en tanto que o bar Brétema dará cabida a partir das 23 horas a un concerto acústico a cargo de “Caras Bé”.











