Clausura do obradoiro de enriquecemento educativo que se impartiu en catro parroquias do municipio de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Clausura do obradoiro

Clausura do obradoiro

O obradoiro de Enriquecemento Educativo para Maiores que promove o Concello e imparte o Voluntariado Social concluíu este mediodía cunha gran festa celebrada no salón de actos da Casa do Mar de Palmeira.

Alí acudiu o concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño, e a edil de Palmeira Maricarmen Vizcaya, os cales destacaron o gran labor desempeñado unha ano máis polas profesoras Cruz Rivadulla e María Gago. Os obradoiros estiveron a desenvolverse nas parroquias de Aguiño, Oleiros, Palmeira e Santa Uxía de Riveira, e contaron coa participación de 73 alumnos.

Na clausura deuse conta de parte das nocións aprendidas cunha lectura compartida en torno ás lendas e historias que rodean a algunhas das pedras emblemáticas do municipio, como o Dolmen de Axeitos, a Pedra da Rá, a Pedra das Cabras ou o Vicanso. Ademais, nas paredes do salón de actos amosouse unha exposición sobre este tema.

O acto rematou cun pequeno almorzo dos asistentes.

10 de xuño de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.