Celebración do Día Mundial dos Océanos

Cativos no recinto portuario de Riveira
Hoxe 7 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos e, con tal motivo, un grupo de rapaces do CEIP O Grupo tiveron a oportunidade de chegar ata o recinto portuario de Riveira e subir a bordo dunha das embarcacións de gardacostas da Xunta: a “María do Río”.
Ademais de coñecer como é o funcionamento da lancha, os nenos e nenas recibiron cadanseu diploma de grumete.
O alcalde Manuel Ruiz e o xefe territorial da Consellería de Medio Rural e Mar, Antonio Aguión, foron partícipes do acontecemento.











